Os premios do público á mellor tapa e á mellor barra do XIII Ribadeo de Tapeo foron para O Piano e O Queimada. Os galardóns serán entregados no Teatro o 2 de xuño.

A Concellería de Desenvolvemento Local e Turismo deu a coñecer hoxe os premios á mellor tapa e á mellor barra da XIII edición do Ribadeo de Tapeo elixidas polo público. Da leira e da ribeira de O Piano foi a elixida como  A tapa do público e a mellor barra foi a do Bar Queimada. Este sábado, 2 de xuño, ás 19:30 horas terá lugar a entrega de premios do Ribadeo de Tapeo no Teatro. Na cita actuarán os grupos  participantes na terceira edición dos Cantos de Taberna.

A concelleira Ana Martínez declarou que “xa recta final da XIII edición do Ribadeo de Tapeo, danse a coñecer os premios do público. Así o público participante nesta edición cos seus votos, froito das votacións emitidas polo público nas urnas instaladas nos 44 locais participantes neste concurso gastronómico, decidiu que o premio Tapa do Público sexa para Da leira e da ribeira do establecemento hostaleiro O Piano e o premio Mellor Barra sexa para o establecemento Bar Queimada, este último elíxese tendo en conta a ambientación do local, a profesionalidade no servizo (atención, rapidez, información sobre o concurso), as instalacións (conservación, orde, limpeza e adecuación) así como a experiencia global cos clientes”. 

A edil ribadense engadiu que “a entrega dos premios terá lugar o vindeiro sábado, 2 de xuño, ás 19.30 horas no Teatro de Ribadeo. No acto actuarán os grupos participantes na terceira edición dos Cantos de Taberna. Nese mesmo momento, tamén se entregarán os premios do xurado profesional. Hai que lembrar que un grupo de espertos cociñeiros composto por 4 persoas, estiveron probando e xulgando as tapas presentadas ao concurso o pasado 21de maio as instalacións do hotel restaurante Voar e decidiron entregar os premios que xa se deron a coñecer hai uns días”.

1 PREMIO 
Hotel AG Porcillán 
Xógaras de Porcillán.
2 PREMIO 
Texturas Galegas Javier Montero
Brownie salgado.
3 PREMIO
El Oviedo
Carpaccio de ova curada, emulsión de kefir con algas, manteiga de ourizo e vexetais conservadas en vinagre.
TAPA RIBADEO
El Parador de Ribadeo
Petisco de mar.
MENCIÓN ESPECIAL 
Restaurante Marinero
Rabodeo.
MENCIÓN ESPECIAL “MELLOR VALORACIÓN NA APP MÓBIL”
O Alén 
“O barril do bodegón recheo de bacallau”

Ana Martínez dixo que “tamén se entregan os agasallos do Tapear ten premio, doados por gran parte dos establecementos participantes. Convido ao público a  asistir a este acto, e quero dar os  parabéns aos  premiad@s ademais de agradecer a  tod@s a  participación”.