Os Reis Magos chegarán ao Concello de Cervo ás oito da tarde. Ao remate da recepción haberá unha representación teatral de O Bordelo, que cumpre 20 anos.

A Cabalgata de Reis de Cervo terá lugar mañá venres, 5 de xaneiro, ás 19:00 horas. A cita está organizada pola Asociación Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo e da Parroquia.

As súas Maxestades sairán das Escolas Vellas, e irán pola Igrexa ata o Concello. Ao remate o grupo de teatro O Bordelo, que cumpre 20 anos, presentará a súa obra "Depende" no salón de actos da casa consistorial.

Na presentación estiveron o rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés; e Carlos Sanz e Azucena Cabodevila, en representación de Airiños do Xunco.