Os Reis Magos farán o 5 de xaneiro unha ruta por Alfoz, que rematará no pavillón polideportivo ás sete da tarde.

Tralos continuos cambios e viravoltas destes últimos días, logramos contactar cos Reis Magos para que se pasasen polo noso concello. 

As maxestades atenderán aos máis pequenos da casa facendo a seguinte ruta: Casa da Cultura, Igrexa das Oiras, Igrexa do Pereiro, Pinguela, Reirado, Igrexa de Bacoi, Igrexa de Carballido, Igrexa de Adelán, Castro e por último achegaranse ao pavillón de Alfoz para atender a quen así o desexe e recoller as cartas que sexan necesarias. 

Dende a directiva explican que “decidimos realizar un formato reducido deste evento e non contará coa oferta lúdica nin coa tradicional chocolatada.  Rógase prudencia e uso obrigatorio da máscara”.