Os Reis Magos percorrerán Barreiros este venres, 5 de xaneiro, desde as 10 da mañá

Este venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente visitarán Barreiros desde as 10 da mañá acompañados de panxoliñas a cargo do alumnado de Sinfónico no Rural e repartirán agasallos.

Melchor, Gaspar e Baltasar viaxarán miles de quilómetros para achegarse a distintos lugares de Barreiros (Reinante, Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán, A Rilleira, Cabarcos, Vilamar e San Xusto) antes de facer o seu percorrido en coche de época polos barrios de San Cosme, previo á recepción, que terá lugar ás 20:00 horas no centro sociocultural.