Os Reis Magos saudarán o 5 de xaneiro á cativada de Burela desde o balcón do Concello ás sete da tarde. Non haberá cabalgata por mor do covid19.

Mañá mércores, 5 de xaneiro, ás 19:00 horas as súas Maxestades de Oriente sairán ao balcón da Casa Consistorial de Burela para saudar a todos os nenos e nenas que acudan á Praza do Concello. 

Dadas as circunstancias sanitarias e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia o Concello de Burela e a Sociedade Cultural Recreativa Ledicia “decidimos cancelar por precaución a tradicional cabalgata dos Reis Magos polas rúas da nosa vila”.