Os Sendeiros, de Foz, farán o 14 de xaneiro unha ruta de Vegadeo a Abres

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 14 de xaneiro, domingo, unha ruta de Vegadeo a Abres, en Asturias. É a primeira que organizan neste ano 2024. A saída desde Foz será ás 09:00 horas e ás 09:20 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 10 de xaneiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade baixa, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.