Os Sendeiros, de Foz, farán o 5 de marzo unha ruta por Navia de Suarna, onde comerán cocido.

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 5 de marzo, domingo, unha ruta por Navia de Suarna, onde os participantes comerán cocido. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar de cocido, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 28 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

Os organizadores explican que “es una hermosa ruta en un paraje muy bonito y aprovecharemos para comer un cocido, como todos los años. No esperéis al último día para anotaros”.