Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas estatuas esculpidas nas rochas do concello. Será o 3 de agosto.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza este sábado, 3 de agosto, a ruta polas estatuas esculpidas nas rochas do concello.

A saída será, ás 9:00 horas, da praza do Concello.

Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos: 606 794 110 e 670 369 017; e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o venres 2 de agosto. O prezo é 3 euros para os non federados, e inclúe o seguro de accidentes obrigatorio.

A organización informa que o nivel de dificultade da ruta é medio,, e recomenda levar equipo de sendeirismo, algo de comida e auga.