Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por Teixois, no municipio asturiano de Taramundi, o 13 de xaneiro.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o primeiro andareiro de 2019 o vindeiro 13 de xaneiro a Teixois, en Taramundi (Asturias).

A saída será ás 8:00 horas do colexio do Pilar e ás 8:20 h. de Ferreira. 

O prezo é 25 euros para os socios federados, 29 euros para os socios non federados e 33 euros para os non socios. Está incluído o xantar.

O prazo para anotarse remata o 9 de xaneiro e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e comunica que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.