Os Sendeiros de Foz organizan a Marcha Montañeiros Veteranos de Galicia o 12 de setembro. Desenvolverase por Barreiros.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a XXXIII Marcha Montañeiros Veteranos de Galicia que terá lugar o 12 de setembro por terras de Barreiros.

A saída será ás 9:15 horas de Ferreira e ás 9:30 de Foz. A marcha dará comezo no Círculo Lítico da Roda pasando polo teito de Barreiros, en Penalonga, e rematará en Santo Estebo. 

As persoas interesadas poden anotarse ata o 9 de setembro, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Esta actividade é para federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.