Os Sendeiros de Foz organizan un novo andareiro de verán. Será o 12 de agosto á Frouxeira.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o sábado, 12 de agosto, un novo andareiro do verán.

A ruta será á Frouxeira cunha dificultade media. A saída terá lugar ás 9:00 horas do Concello en bus ata o punto de partida.

O prezo é 2 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio. Os interesados poden anotarse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o xoves 10.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, comida para o camiño e auga.