Os Sendeiros de Foz organizan unha andaina contra o cancro, que terá lugar o 7 de xullo polos arredores da vila.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha andaina contra o Cancro que se celebrará o 7 de xullo polos arredores de Foz.

A saída será o domingo, 7 de xullo, ás 10:00 horas da praza do Concello.

A actividade está organizada en colaboración da delegación local de Foz da AECC e do Concello de Foz.

A ruta ten unha distancia de 5 quilómetros e un nivel de dificultade baixo.

As persoas que queiran participar teñen que inscribirse, ata o día 6 de xullo, e poden facelo nos números de teléfono 670 369 017 e 696 583 146.