Os Sendeiros de Foz organizan unha excursión a Portugal do 19 ao 21 de maio.

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha excursión a Portugal para a fin de semana do 19 ao 21 de maio. A saída desde Foz será o venres 19 ás 16:00  horas e ás 16:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade son: 180 euros para socios federados, 190 euros para socios non federados e 195 euros para socios temporais. Inclúe aloxamento en habitación dobre con pensión completa.

O prazo para reservar praza remata o 8 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta actividade a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.