Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta á Cascada das Augas Caídas, en Mañón, o 13 de xuño.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta ata a cascada de Augas Caídas pola ribeira do río Sor, en Mañón, o día 13 de xuño.

A saída será ás 8:30 horas de Foz e ás 8:30 horas de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 11 de xuño nos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017 e na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo para os socios non federados é de 3 euros e 4€ para os socios temporais, mentres a actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, mascarilla e xantar, e informa que a ruta, dunha lonxitude duns 11 quilómetros, ten un nivel de dificultade media.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.