Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta de encontro en Burela o 23 de xuño. O prazo de inscrición está aberto.

Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta de encontro en Burela o 23 de xuño.

A saída será ás 9:30 horas da Praza de Galicia.

Para participar é necesario anotarse, o prazo remata o 20 de xuño. As inscricións poden facerse no e-mail ossendeiros@yahoo.es pode obterse máis información nos números de teléfono: 606 718 482 e 670 369 017.

O prezo é 10 euros para os socios federados, 15 euros para os socios non federados e 20 euros para os non socios. O ingreso debe facerse en conta bancaria.

A ruta ten un nivel de dificultade medio e a organización recomenda levar roupa de sendeirismo.

Colabora o Concello de Foz.