Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta polo alto do Mondigo, en Ribadeo, o 15 de novembro. A inscrición está aberta.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta para este domingo, 15 de novembro, que percorrerá a zona de Ribadeo. Partirá de Acevedo e rematará no mesmo punto, pasando polo alto do Mondigo e o monte de Santa Cruz, onde será o xantar.

A saída será ás 9:00 horas, de Foz, diante de Cenor, e ás 8:45 horas desde Ferreira.
Para participar é preciso anotarse e poderase facer ata o venres 13 nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeirros@yahoo.es

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, ademais do xantar. O desprazamento farase en coche. A ruta ten un nivel de dificultade medio e unha lonxitude de 15 quilómetros.

A actividade terá un custo de 3 euros para os socios non federados e 4 para o socio temporal, sendo gratuíta para os socios federados.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.