Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta por León entre Faedo de Ciñera e a Cueva de Valporquero. Será o 18 de xuño.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras leonesas o día 18 de xuño.

A andaina terá un percorrido de 12 quilómetros e discorrerá entre Faedo de Ciñera e a Cueva de Valporquero cun nivel de dificultade media. A saída será ás 6:30 horas de Foz e ás 6:45 de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o luns 12 de xuño nos teléfonos: 606 718 482 e 670 369 017; ou no e-mail: ossendeiros@yahoo.es

Os prezos son: 30 euros para os socios federados, 35€ para os socios non federados e 40 euros para os socios temporais. Non está incluído o importe da entrada á Cueva de Valporquero, que é de 8´5€.

Recoméndase levar a comida e equipo de sendeirismo.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.