Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta por terras asturianas o 27 de outubro. Será por Les Praeres de Nava.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por Nava-Les Praeres por terras asturianas o vindeiro domingo, 27 de outubro.

A saída será ás 7:00 horas de Ferreira, e ás 7:20 desde Foz.

Esta actividade está organizada coa asociación Mies de Oviedo, e as persoas interesadas en participar poden anotarse ata o mércores 23 nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.

O prezo é 35 euros para os socios federados, 39€ para os socios non federados e 43€ para os socios temporais. Está incluído o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.