Os Sendeiros de Foz participarán nunha ruta pola zona da Cañiza, da Liga Galega de Sendeirismo, os días 9 e 10 de xullo.

A asociación Os Sendeiros de Foz participa na terceira ruta da Liga de Sendeirismo de Galicia que discorrerá pola zona da Cañiza os días 9 e 10 de xullo.

A saída será o sábado, 9 de xullo, ás 16:00 horas, de Foz e, ás 16:15 h., de Ferreira.
Os prezos son: 130 euros para os socios federados, 135€ para os socios non federados e 140 euros para o socio temporal. Inclúe hotel con pensión completa en habitación dobre.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.