Os Sendeiros de Foz realizarán o 4 de agosto a ruta de Viloalle, por Mondoñedo. E o día 11 colaborarán na ruta solidaria organizada por Run Foz Run.

Os Sendeiros de Foz organiza a ruta Viloalle, por Mondoñedo, este sábado, 4 de agosto. A saída será ás 9:00 horas da praza Galicia.

O prezo é 3 euros, seguro accidentes obrigatorio. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse no e-mail ossendeiros@yahoo.es e nos teléfonos 606 794 110 e 670 369 017.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, auga e comida. A ruta ten unha dificultade media.

Colabora o Concello de Foz.

Os Sendeiros de Foz tamén colabora o 11 de agosto na ruta solidaria organizada por Run Foz Run a favor da endometriosis. Haberá un donativo de 5 euros e a ruta discorrerá por Foz con saída do colexio Martínez Otero, ás 19:00 horas. O prazo para anotarse remata o 9 de agosto.