Para este domingo, 13 de setembro, organizan desde Trabada unha ruta a pé de Piñeiro (Ribadeo) a área recreativa da Choza, en Ría de Abres

O Concello de Trabada e a asociación Trabada, paso a paso organizan unha ruta a pé desde Piñeiro, no municipio de Ribadeo, ata a área recreativa da Choza, en Ría de Abres.

“Esta fin de semana toca sacar as botas e descubrir Trabada! Este domingo 13 toca gozar de sete quilómetros de natureza, patrimonio e boa compañía entre Piñeiro e a Área Recreativa da Choza. E para rematar comida na Choza! “, anuncia o Concello de Trabada.

A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello de Trabada.

O prazo de inscricións está aberto ata este mércores, 9 de setembro, a través do teléfono 982.135.011.