A parroquia de San Román, no Vicedo, celebra festa na honra do seu patrón o 18 de novembro

Veciñas de A Lama, O Cadabal e Vilela organizan para o día 18 de novembro, sábado, varias actividades na honra de San Román nesa parroquia do concello de O Vicedo.

Ás 13:00 horas celebrarase unha misa cantada na igrexa de San Román do Val. A continuación haberá procesión e despois sesión vermú no chiringuito Area Grande, baixo carpa, amenizada polo grupo Intervalo, que tamén actuará na festa, que empezará á noitiña. 

O restaurante Area Grande e a asociación de veciños de San Román colaboran neste evento “con intención de promover a convivencia e a integración social de todos os veciños da parroquia nunha data tan sinalada”.