A parroquia de Vilaronte, en Foz, celebra as súas festas patronais na honra de San Xoán os días 22 e 23 de xuño.

A parroquia focense de Vilaronte celebra as súas festas de San Xoán os vindeiros días 22 e 23 de xuño.

O sábado 22 ás 13:30 horas, haberá misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra La Favorita. Ás 23:00 horas celebrarase a verbena amenizada pola orquestra La Favorita e o Grupo Fénix.

O domingo 23 ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz. Posteriormente celebrarase a procesión e a sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena a partires das 22:00 horas.

Organiza a asociación cultural O Atrio coa colaboración do Concello de Foz e Bar O Castro.