Pasada das Cabras, de Burela, celebra o día do socio o 17 de xuño cunha subida ao Monte Castelo.

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 17 de xuño, o Día do Socio facendo a subida ao Monte Castelo.

A ruta, de 10 quilómetros de percorrido, ten unha dificultade media. A saída está prevista para as 10:00 horas da Praza da Mariña.

No Monte Castelo haberá unha comida de confraternidade na explanada servida por un cátering totalmente gratuíta para todos os asistentes que fagan a ruta.

Para poder asistir á comida é imprescindible recoller o tícket en Gráficas Arfe antes do xoves, día 15.