Pasada das Cabras, de Burela, organiza un paseo polo río Landro. Será o 16 de maio.

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza un paseo fluvial polo río Landro, en Viveiro, o domingo 16 de maio.

A saída será, ás 10:00 horas, da Estación de Autobuses de Burela e o desprazamento realizarase en coches. Para participar non é necesario anotarse.

A organización informa que é unha ruta moi recomendada para os nenos e ten unha lonxitude de 7´79 quilómetros bordeando o río Landro, declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

Haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.