Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta polo Valadouro o 12 de xuño.

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta a Santo Tomé de Recaré, no Valadouro, este sábado, día 12 de xuño.

A saída será ás 10 da mañá da estación de autobuses de Burela.

Non é preciso anotarse. Cada un terá que levar a súa comida e o desprazamento farase en coche propio.

A organización informa que a ruta ten unha lonxitude de 7 quilómetros cun nivel de dificultade baixa, e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.