Pasada das Cabras, de Burela, realizará o 3 de decembro unha ruta por Candaído, na Fonsagrada.

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o domingo, 3 de decembro, a ruta de Candaído na Fonsagrada.

Esta ruta ten 8 quilómetros de percorrido e unha dificultade baixa. A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo é 25 euros para os socios e 30 para os que non o son, e inclúe autobús, seguro e xantar  a base do cocido típico da Fonsagrada.

Para participar é imprescindible anotarse antes do xoves 30 de novembro. As persoas interesadas poden apuntarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504.