Pepe Peinó presentará o 28 de decembro en Foz o seu libro "A Solo no le gustaba su nombre".

O vindeiro luns, 28 de decembro, ás 20:00 horas na Confitería-Cafetería Xoyma, de Foz, terá lugar a presentación da novela de Pepe Peinó "A Solo no le gustaba su nombre". Esta presentación ía levarse a cabo no pasado mes de marzo e tivera que ser suspendida co gallo da corentena provocada polo coroavirus. Despois de 8 meses de espera, dita presentación poderá celebrarse. 

Falarán Pepe Peinó e o lingüista Bernardo Penabade e actuará a cantante Almudena Cuadrado. 

No acto respectaranse todas as medidas de seguridade prescritas para estas épocas de pandemia.