A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha excursión a Santiago de Compostela o 22 de marzo. A inscrición está aberta.

A asociación A Pomba do Arco organiza unha excursión a Santiago de Compostela o 22 de marzo.

O programa inclúe unha visita á exposición Galiza, un relato no mundo, instalada na Cidade da Cultura e que recolle máis de 300 pezas procedentes de diversas partes do mundo, a maioría das cales nunca foron expostas en Galicia. A visita estará guiada polo comisario da mostra, Manuel Gago.

A xornada continuará cunha visita ao Pórtico da Gloria onde, coas obras de restauración, afloraron unhas impresionantes pinturas que mudaron absolutamente a fisonomía do espazo. A visita estará guiada por un membro do servizo de guías da Catedral. Para rematar realizarase un percorrido polo Museo da Catedral e o Panteón Real onde se atopan enterrados diversos reis e raíñas galegos.

O prezo da excursión é de 35 euros para os socios e 38€ para o resto (inclúe autobús, xantar e as diversas entradas). O número de prazas é limitado e as persoas interesadas poden anotarse no teléfono 608 555 010.