A Pontenova celebra a súa sexta Foliada o 3 de xuño. Haberá bailes, gaitas e xogos tradicionais.

O sábado 3 de xuño celebrarase na Pontenova a súa sexta Foliada.

As actividades comezarán ás 11:00 horas cunha aproximación aos bailes da Fonsagrada a cargo de Adrián Méndez.

Ás 13:00 horas actuarán os gaiteiros da zona Desiderio, Nela, Modesto e amigos e despois o cuarteto Ponte da Pedra.

Despois da comida ás 17:00 horas haberá xogos tradicionais e despois actuación infantil de maxia e globoflexia a cargo de Ian Richard Hamilton.

Ás 19:30 horas actuarán A Chocolateira e un grupo de gaitas de A Pastoriza e a partir das 22:00 horas tocará o grupo Tanto nos ten.