Procesión

18/03/2020

O Concello de Mondoñedo informa de que a Fraternidade Local da Orde Franciscana Seglar de Mondoñedo comunica a suspensión de todas as procesións de Semana Santa en Mondoñedo, como consecuencia do estado de alarma decretado a causa da crise sanitaria xerada polo coronavirus (COVID-19). O comunicado da Fraternidade vén a sumarse ao xa feito público pola diocese de Mondoñedo-Ferrol no mesmo sentido.

O presidente da Fratenidade, Valentín Ínsua Palacios, explicou que é a primeira vez que se suspenden a saída de todas as procesións na historia recente de Mondoñedo. Recordou que a Semana Santa mindoniense está declarada de Interese Turístico. Nesta ocasión o pregón da debía correr a cargo de Francisco Cal Pardo. Estaba previsto que a figura da Virxe estreara manto na procesión do Xoves Santo. Na do Ecce Homo debían estrearse novos estandartes,...

leer más
14/04/2019

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, participaron, este sábado, no Teatro Pastor Díaz da localidade mariñá, no pregón da Semana Santa de Viveiro, a cargo do economista, José Manuel González-Páramo. Esta cita, coa que colabora o Executivo Provincial cuncha achega económica de 25.000 euros, estádeclarada de Interese Turístico Internacional dende o 2013 e participarán preto de 3.500 confrades e 35 pasos nas 15 procesións de Semana Santa.

Campos Conde subliñou que “a Semana Santa de Viveiro supón un importante reclamo turístico e económico para á Mariña Lucense,pois é un dos eventos que consigue atraer a miles de persoas a esta comarca, chegados de diferentes puntos de España e tamén doutros países. Neste senso, cómpre subliñar que a Semana Santa move, de media, a unhas 30.000...

leer más
21/05/2017

O Concello de Mondoñedo,co obxecto de potenciar e poñer en valor a procesión de Domingo de Corpus, promoveu de novo este ano o cartel anunciador desta tradición arraigada na localidade e que se celebrará o próximo 18 de xuño. 

O cartel da procesión do Domingo de Corpus, que alberga a pintura creada pola artista mindoniense Irma Loureiro, presentouse no Concello de Mondoñedo, durante un acto oficial no que ademais da alcaldesa da cidade, Elena Candia, tamén participaron o señor Obispo, Luís Ángel de las Heras, xunto a artista Irma Loureiro. Á presentación da obra artística asistiron tamén o edil de Educación, Alberto García, ademais de varios voluntarios/as que anualmente se encargan da elaboración das alfombras.

Dende o Goberno local lembran que por segundo ano consecutivo o Concello decidiu encargar a creación...

leer más