A Pontenova celebra as súas festas de San Lucas do 7 ao 10 de outubro. O 8 será a XXIII Queima dos Fornos.

A Pontenova celebra as súas festas na honra de San Lucas do 7 ao 10 de outubro.

O venres 7 haberá verbena a cargo de Euphoria Discoshow, Alejandro Martínez e o grupo Beatriz.

O sábado 8 será o día grande, no que está programada sesión vermú e verbena. Actuarán Euphoria Discoshow, Pedro Brmudz e a orquestra París de Noia. E ás 00.30 horas terá lugar o espectáculo pirotécnico da XXIII Queima dos Fornos.

O domingo 9 tamén haberá sesión vermú e verbena. Ese día actuarán Pedro Brmudz, Euphoria Discoshow e a orquestra Costa Dorada.

Os festexos rematarán o luns 10 cunha sesión vermú amenizada por Blanco y Negro.

A organización das festas conta coa colaboración do Concello de A Pontenova e da Deputación de Lugo.