A Pontenova celebra unha ruta de tapas de Entroido este sábado, 10 de febreiro

A Pontenova celebrará este sábado, 10 de febreiro, unha ruta de tapas de Entroido, na que participan seis establecementos hostaleiros: O Lar de Balbina, Sidrería A Mina, Cafetería Casa da Cultura, Rony Bar, Bar Puente e Restaurante San Briz.

Entre os clientes que selen a súa tarxeta en todos os establecementos sortearanse vales regalo de 50 euros para gastar no comercio da Pontenova.

É unha iniciativa organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova coa colaboración do Concello.