A praia cervense de Limosa acollerá o 12 de outubro o Memorial Macgiver de surf. Haberá postos de comida e de bebida e tamén música en directo.

A praia de Limosa será escenario este sábado, 12 de outubro, do Memorial Macgiver,  organizado polo Club Limosa Surf coa colaboración do Concello de Cervo.

Tal e como explicaron desde a organización “logo de XI edicións de campionato, este ano decidimos realizar unha xornada de surf libre para todos os públicos”.

As persoas interesadas en participar poden rexistrarse ás 9:00 horas.

No recinto habilitado tamén haberá postos de comida e bebida e música en directo. E como peche desta xornada de surf  o grupo Miss Lane And The Kryptonians ofrecerá un concerto ás 19:00 horas.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, amantes e afeccionados do surf, a que se acheguen á Praia da Limosa, nesa xornada dedicada a este deporte que día tras día gaña adeptos, para poder gozar da nosa privilexiada costa e tamén das habilidades sobre a táboa de grandes profesionais deste deporte, moitos deles veciños deste municipio.