Programación infantil en Cervo os días 20 e 21 de outubro. Trátase de talleres. Nun deles confeccionarán unha máquina de facer debuxos animados.

O Concello de Cervo programa para esta fin de semana varias actividades para o público infantil. Este sábado, 20 de outubro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián terá lugar un obradoiro no que os pequenos e pequenas poderán construír o seu propio superhéroe ou superheroína. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

E o domingo, 21 de outubro, ás 12:00 horas na biblioteca de Cervo celebrarase un taller no que os nen@s confeccionarán unha máquina de facer debuxos animados.