A psicóloga coach Ángeles Amor impartirá unha charla obradoiro o 9 de outubro en Foz titulada "Reaviva a chama do teu negocio".

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha charla-obradoiro para a dinamización dos negocios locais que terá lugar o vindeiro martes, 9 de outubro.

A conferencia leva por título Reaviva a chama do teu negocio e será impartida pola psicóloga coach Ángeles Amor, que falará “da forza de emprender, das  novas ilusións, dos novos retos, etc…”. 

Esta charla-obradoiro celebrarase o 9  de outubro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz. A entrada é gratuíta e poderá facerse reserva de prazas no número de teléfono 982 132 751. Desde a directiva do Centro Comercial Aberto de Foz subliñan que “está aberta ao público en xeral, sexan asociados ou non á ACIA/CCA”. Os inscritos recibirán un diploma de asistencia.

Coa organización deste evento colabora o Concello de Foz, Radio Foz e a Federación de Comercio A Mariña.