Ribadeo será escenario da primeira edición do Xara Fest, o festival de música underground, o 2 de setembro.

Ribadeo será escenario da primeira edición do Xara Fest, o festival de música underground, o 2 de setembro. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “o sábado 2 de setembro teremos en Ribadeo a primeira edición do Xara Fest. O festival de música underground trae no cartel a DJ Selecta, Ill Pequeño e Ergo Pro, Boyanka Kostova e C Mirazo”.

A edil ribadense dixo que “ademais da música neste tipo de concertos non pode faltar a imaxe e tamén haberá un mercadiño de produtos relacionados”.

Sanjurjo engadiu que “está organizado por Alberto, Alejandro, Javier e Mario, catro rapaces que coa colaboración das administracións e de diversas entidades privadas achegan de balde a Ribadeo esta música e todo o seu ambiente”.

O alcalde, Dani Vega, indicou: “gustaríame destacar o traballo realizado por este grupo de rapaces, que demostran o seu amor por Ribadeo. O Xara Fest é un festival de nova creación, que quere impulsar tamén toda a actividade cultural e a diversidade musical. E desde logo este grupo de rapaces están facendo máis grande o noso pobo”.

O rexedor declarou que “desde o Concello o que queremos é colaborar con todas as entidades, con todas as actividades culturais. Eu creo que esa é a liña a seguir”. 

No acto de presentación participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e varios membros da organización.