Rinlo celebra unha festa gastronómica dedicada ao mexillón o 29 de marzo, Venres Santo

A parroquia ribadense de Rinlo celebrará unha festa gastronómica dedicada ao mexillón o 29 de marzo, día de Venres Santo.

O evento, organizado pola asociación de veciños O Cantal na praza de San Pedro, empezará ás 12:30 horas e contará coas actuacións do DJ Alejandro Martínez e do cuarteto tradicional Illa Pancha. 

A asociación de veciños O Cantal anuncia: “o reloxo Canseco está en conta regresiva para a gran festa gastronómica de exaltación do mexillón que imos a celebrar no noso fermoso pobo mariñeiro de Rinlo o día 29 de marzo (Venres Santo) a partir das 12:30 horas na nosa praza de San Pedro”.