Riotorto conmemora os 124 anos do nacemento do poeta Avelino Díaz cun acto no centro sociocultural o 15 de xaneiro.

Dentro da programación arredor dos 124 anos do nacemento do poeta Avelino Díaz celebrarase no Centro Sociocultural de Riotorto un acto que contará coa conferencia do profesor Bernardo Penabade Rei, investigador da obra de Avelino. A charla titúlase "O regreso de Avelino Díaz, cidadán de dous mundos". Tamén actuará a Coral de Riotorto.

O evento, que será presentado por Yoani Jartín Salgado, terá lugar o sábado 15 de xaneiro a partir das 17.00 horas.

A entrada será libre con aforo controlado.