Roi Borrallas chega este domingo, 3 de marzo, a Viveiro co seu espectáculo “Solo”

O clown Roi Borrallas chega o vindeiro domingo, 3 de marzo, a Viveiro co seu espectáculo “Solo”, destinado para nenas e nenos a partir de cinco anos. Será ás 18 horas no Teatro Pastor Díaz. 

O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.