Roque Fanego impartirá un obradoiro de debuxo ao natural o 17 de agosto en Viveiro.

O artista viveirense Roque B. Fanego amosa a súa obra na exposición “Lembranzas do camiño” ata o vindeiro sábado 19 na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro.
 
A motivo da mesma tamén compartirá a súa arte e coñecemento de xeito solidario e ao vivo cun obradoiro de debuxo ao natural, este mesmo xoves 17 de 12:00 a 13:30h nun espazo que convida ao debuxo como é o Adro da Igrexa de Santa María de Viveiro.

O artista recorda que o obradoiro vai dirixido a persoas maiores dos 12 anos. Será de balde e as persoas inscritas deberán levar un Bloc de debuxo, lapis 5B e 6B,goma de borrar, afila e difumino; e quen dispoña de cabalete tamén o poderá levar para a súa comodidade.

Inscricións no contacto da Asociación Prato_do que colabora co autor. 617 461 723 ou enviando correo a iniciativapratodo@gmail.com