Rúa celebra a súa festa da malla o 2 de setembro, organizada pola asociación de veciños coa colaboración do Concello de Cervo.

A parroquia de Rúa celebra este sábado, 2 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez e varios membros da Asociación de Veciños.

A malla comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a II ruta de sendeirismo Subida ao Cabaleiro, e xa ao mediodía o Dúo EPO-K será o encargado da sesión vermú.

Pola tarde, dende as 16:00 horas, están programados todo tipo de xogos tradicionais para nenos e maiores; e ás 17:00 horas dará comezo a actividade principal, a malla..

A xornada completarase con exhibición de cetrería ao longo de todo o día, un obradoiro de cestería para os nenos ou unha exposición de bordado.

Ás 22:00 horas comezará a verbena da man do Dúo EPO-K.

Haberá unha carpa instalada para a ocasión e serviranse comidas no propio campo da festa.