A Sala Bahía, de Foz, acolle o 27 de abril un concerto de Fran Amil e Ricardo Casas. Organiza: a asociación de nais, pais e alumnado da Escola de Música da localidade.

Este sábado, 27 de abril, ás 12 da mañá, na Sala Bahía de Foz o músico Fran Amil, acompañado de Ricardo Casas ao saxofón, estará en concerto cos Monstros Acústicos..

Este concerto ten de especial, que xunto aos músicos participarán nalgúns números, as alumnas e alumnos da asignatura Música e Movemento da Escola de Música de Foz. 

Este grupo coa súa profesora África leva preparando durante o curso o acompañamento e a coreografía dalgunhas das cancións que escoitaremos no concerto, e ese día terán ocasión de ser tamén protagonistas. 

O concerto está organizado pola asociación de nais, pais e alumnado adulto da Escola de Música de Foz en colaboración coa dirección da Escola e trátase dun formato novedoso, moi interesante a nivel pedagóxico para os alumnos que participan, e un reto tamén para os músicos que, por primeira vez, se ven implicados nunha colaboración deste estilo.