A Sala Bahía, de Foz, acolle un espectáculo de danza este venres, 10 de novembro

A danza toma de novo a Sala Bahía este venres, 10 de novembro, ás 20:30 horas da man de Marta Alonso Tejada e o seu espectáculo Bailar agora.

É a historia dunha bailarina que nace e crece nos anos 80-90 e que, a día de hoxe, achégase á corentena. Marta Alonso diríxese ao público para compartir un percorrido pola súa traxectoria vital como bailarina e muller; facendo referencia ao estado actual dos seus desexos e soños, comprometéndose en facelos realidade no momento presente. A maneira de levalo a cabo: bailando.

É unha actividade incluída na programación cultural do Concello de Foz é o prezo da entrada é de 5 euros.