A sala de exposicións da biblioteca municipal de Viveiro acolle o belén de Bágoas da Terra ata o 6 de xaneiro

A sala de exposición da biblioteca municipal de Viveiro acolle ata o día 6 de xaneiro, sábado, o belén instalado pola asociación Bágoas da Terra. Pode visitarse de 12:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas

É un belén que ten figuras ataviadas co traxe tradicional galego, algunhas delas en movemento, e construcións feitas a man polo artesán Hortensio Gómez. Os murais e o cartel son obras de Esther Raposo.