San Acisclo, en Foz, celebra a Festa da Xuventude o 26 de abril

A parroquia focega de San Acisclo celebra a Festa da Xuventude o día 26 de abril, venres a partir das 20:00 horas.

Será no campo da festa, onde se instalará unha carpa, e actuarán os grupos Lume e Montreal. Ademais haberá degustación de churrasco, chourizos e pan, a un prezo de 15 euros por persoa.

Esta festa está organizada pola asociación de veciños Río Ouro e colabora o Concello de Foz.