San Ciprián celebra as festas na honra da Virxe do Carme do 14 ao 17 de xullo.

San Ciprián celebrará as festas en honra a Virxe do Carme do 14 ao 17 de xullo. Están organizadas pola asociación Anxuela coa colaboración do Concello de Cervo e demais asociacións que organizan as diferentes actividades da celebración.

Comeza o xoves 14 as 20:00 horas na Praza dos Campos cunha Festa do Mexillón, organizada pola asociación Amigos da Maruxaina e amenizada por un grupo de gaiteiros e por Dj Ovo.

O venres 15 as 14:00 horas dará comezo a sesión vermú na que soará a orquestra Acordes. As 21:00 horas realizarase unha misa solemne na Igrexa Parroquial de Lieiro, seguida da procesión do Carme ata o peirao, coa incorporación de San Ciprián e San Andrés, que estará acompañada polo pasarrúas da agrupación musical Dambara-San Inocencio de Burela. Esta procesión esta organizada pola asociación Mar de San Ciprián. Por último as 23:30 horas terá lugar unha verbena na Praza dos Campos coa orquestra Acordes e o Grupo Arizona.

O sábado 16 as 12:00 horas farase unha misa solemne no peirao, e ao remate realizarase unha ofrenda floral na honra aos mariñeiros falecidos a cargo de María del Pilar Bermúdez. A continuación haberá unha procesión ata a Igrexa Parroquial de Lieiro, acompañada polo grupo A Rebolaxe de San Ciprián e organizada pola asociación Mar de San Ciprián. Da sesión vermú encargarase a orquestra Salsarena, que tamén estará na verbena as 23:00 horas xunto a Disco Móvil Chocolate.

Xa para rematar o domingo 17 as 20:00 horas terá lugar o recorrido polo pobo e remate na Praza dos Campos coa actuación de Xacarandaina, todo organizado pola Xunta de Galicia.