San Ciprián vivirá unha gran festa de San Xoán da man de A Rebolaxe. Haberá música, comida e fogueira.

O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura e o concelleiro de Turismo, Dolores García Caramés e David Rodríguez, respectivamente, e unha representación da asociación A Rebolaxe.

Villares quixo loubar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o noso concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan”.

Pola súa banda, Caramés, amosou a súa ledicia por poder recuperar este tipo de eventos tan importantes para a vila “que son un punto de encontro para a veciñanza” e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas estes dous días de festa”.