Sarabela Teatro presenta o 10 de marzo en Viveiro "O secuestro da bibliotecaria". É unha comedia dirixida ao público infantil.

O grupo Sarabela Teatro representará a obra O secuestro da bibliotecaria este sábado, 10 de marzo, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

Trátase dunha comedia dirixida ao público infantil de 5 a 12 anos, dirixida por Fina Calleja.
Conta a historia da señorita Ernestina, a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón, que aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria. Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela, así que deben atopar unha solución para o problema pero non teñen nin idea de onde buscala. Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complícalo todo.