Semana Santa de Tapas e de Comercio na Rúa en Foz. Ambas citas están organizadas pola Acia local coa colaboración do Concello e da Xunta.

Mañá, xoves, da comezo a XVIII Ruta de Tapas de Foz, que organiza AciaFozCCA e que se prolongará ata o sábado, 16 de abril. Dez locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións en miniatura en horario de mediodía e noite, de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo da tapa será de 2 euros.

Os participantes na cita gastronómica desta Semana Santa son Anduriña, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Dandy, Espacio Machete, Happy Days, Namarinos, O Pelolo, O Tangarte e Xoyma. 

Anduriña servirá piruleta de tenreira galega en tempura sobre queixo de San Simón e redución de viño Mencía; na Rambla-Pachán poderase saborear salpicón de pescada; en Augas Santas albóndega de tenreira á cervexa negra con boniato; en Dandy hojaldre de carrilleira; en Espacio Machete poderase degustar brioche 2.2; en Happy Days pemento recheo de bacallao; en Namarinos niño de bacallau con guacamole e crocante de cebola; no Pelolo ovo de paspallás a baixa temperatura con escuma de pataca, faragullas e boleto; no Tangarte servirán bacallau con bechamel e cebola caramelizada e en Xoyma maristojo de marisco en trampantojo.

Comercio na Rúa desde hoxe
E hoxe da comezo unha nova edición do Comercio na Rúa, que tamén organiza AciaFozCCA. Trinta establecementos ofrecerán descontos especiais durante este mércores, mañá xoves e o sábado, 16 de abril. 

No Comercio  na Rúa participan 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Isla, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, N1 Zapatillas, Ofifoz, Sensación Surf, Sueños, Unique 2, Vas’s, Vas’s Outlet, Xanela Complementos e Xoguetería Bahía.

O Comercio na Rúa desenvólvese o mércores, o xoves e o sábado. En caso de mal tempo as promocións ofreceranse no interior dos locais. José Carlos Paleo, o presidente de AciaFozCCA subliña que “o día de xoves santo o noso comercio abrirá tanto pola mañá como pola tarde para facilitarlle as compras á súa clientela e para que aproveiten as promocións que atoparán durante o Comercio na Rúa”. E anima “a achegarse estes días a Foz a saborear as tapas elaboradas pola nosa hostalería, a pasear polas nosas rúas e a mercar no noso comercio, no que atoparán promocións e descontos especiais estes días”. 

AciaFozCCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización da XVIII Ruta das Tapas e da nova edición do Comercio na Rúa.